InicioOpiniónDía 42 de corentena: o único que queda é o humor

Día 42 de corentena: o único que queda é o humor

As familias dun colexio de Xove esperan cada noite o WhatsApp de Albano, que non falla á súa cita diaria coa risa e con actuacións que animan o confinamento a pais, crianzas e profesorado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Estes días de confinamento por mor do coronavirus, o humor sácanos do tedio. Perdomo e Touriñán improvisan nas redes sociais, os memes multiplícanse e Pantomima Full sácanlle punta a todo, pero ao final con quen máis te ris é con eses amigos que teñen unha retranca que che fai doer a barriga. E entre os centos de Whatsapps que tes por ler sempre hai algún que che fai unha sesión de abdominais gratuíta, sen moverte do sofá. Como diría un colega, esa xente auténtica, que sorprende cada día por moito que a coñezas, é “a alma“.

Entre a comunidade educativa da clase Simba de terceiro de primaria do Ceip Caselles Rollán de Xove a alma é Albano Riveira Paleo.

Todos as noites, entre as 22.00 e as 23.00 horas, as familias están pendentes do móbil. Pais e crianzas agardan por unha rutina, bendita rutina, que leva animándolles a corentena desde a primeira prórroga do estado de alarma: o whatsapp de Albano.

No grupo de whatsapp para enviar tarefas ou exercicios acabouse coando momento de relaxación, que, aseguran as familias, vale ouro. “Uns días é un truco de maxia, outros unha imitación, outras veces colle cancións e cámbialles a letra, como fixo con ‘20 de abril‘, disfrázasebaila, fai cousas para os pícaros…”

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...