InicioOpiniónDía 32 de corentena: unha reflexión sobre o civismo

Día 32 de corentena: unha reflexión sobre o civismo

"Un dilema que me ronda a cabeza é se nunha situación crítica coma esta deixaremos de varrer para a casa, se permitiremos que a vida pase por nós ou seremos nós quen pasemos por ela".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Estes días de pandemia varremos todos un pouquiño para a casa. [… ] Hai cousas que non cambian. Non cambia, parece, o desprestixio á lei —máis cá lei, cambiante, ao civismo, esa chamada a saír de nós mesmos e recoñecernos nós demais, a pensarnos e vivirnos en conxunto— dunha determinada dereita que só se atén ás normas cando goberna.

Do creador de “quen che dixo a ti que quero que conduzas por min” e de “a min non me gusta que me digan que teño que ir a certa velocidade“, película estreada trece anos atrás, cando morrían ducias de persoas borrachas ao volante (e mataban tamén), chegou a secuela. O sucesor, unxido polo propio pai —e haberá quen diga que teño memoria selectiva, pero isto demostra unha vella forma de entender o poder, especialmente cando non se ten—, sae a facer ‘marcha’ cando o resto dos mortais tentamos de deixar de comernos as unllas e concienciarnos de quedar na casiña. Igual o civismo é iso, deixar de varrer para a casa: para algúns, semella que unha bonita palabra.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....