InicioOpiniónDía 17 de corentena: perder a noción do tempo

Día 17 de corentena: perder a noción do tempo

"Que día é hoxe? Chama a atención ese encontro de miradas cómplices e solidarias para organizar como pasar sen aproximarse; se o paso é estreito hasta falas con esa persoa que nunca antes viras: cruzas ti ou cruzo eu? Cando estás na casa sénteste protexido"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández | Imos “acostumándonos” a vivir coa Covid-19. Levamos camiñada a primeira quincena e imos sumar outra quincena de corentena. Iso de momento. Encerrados na casa xa se perde a noción do tempo. Que día é hoxe? O día da semana que é, case non importa; creo que xa nin sabemos os días que levamos encerrados e xa deixamos de formularnos os que nos quedan. É máis saudable.

Chegou un invasor invisible para atacarnos, pero este invasor, parece que non é malo en si mesmo, senón que colle vida ao entrar en contacto con nós. E xa estamos vendo que tipo de vida colle. Despois destes días vaise incrementando a conciencia social, aínda que siga habendo excepcións. Nótase esta semana, despois das últimas limitacións ao movemento de traballadores. Xa case non escoito coches pasar desde o piso no que estou e na rúa é raro atoparse con alguén.

Podes seguir lendo o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...