InicioOpiniónDía 16 de corentena: menudas guedellas!

Día 16 de corentena: menudas guedellas!

« Houbo quen descubriu dotes de barbeiro durante a corentena. "Fáltame maquinaria boa, pero polo demais..." O rapaz pasou dous días mirando abraiado a súa obra de arte na cachola do pai. "Que ben llo deixei, eh? Teño bastante xeito" ».

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta mañá vin a viñeta que publicou onte Flavita Banana en El País sobre os pelos que non se arrincarán durante estas semanas ao sentírmonos libres da mirada axuizadora da sociedade. Se cadra así aprendemos a distinguir entre aquelas cousas que faciamos por coidado propio e as outras que faciamos por cumprir co establecido, di ela.

Viñeta de Flavita Banana para El País | El País

O beneplácito alleo condiciónanos a niveis impensables no noso día a día. Cantas cousas deixamos de facer polo que poidan pensar os demais? Este período de confinamento preséntase como unha oportunidade para sacar espiñas que tiñamos cravadas. Hai quen por fin se decidiu a tinguir o pelo de laranxa, outros probaron a deixar caer o floco pola fronte, outros a raparse.

Case me atrevo a dicir que estes últimos son maioría. Co peche das perruquerías, moitas persoas que habitualmente levan o pelo curto andan coa mosca detrás da orella, a punto de afogala coas greñas que lles sobresaen por riba.

Baixo tales circunstancias, nesta casa mesmo houbo quen descubriu dotes de barbeiro durante a corentena. “Fáltame maquinaria boa, pero polo demais…” O rapaz pasou dous días mirando abraiado a súa obra de arte na cachola do pai. “Que ben llo deixei, eh? Teño bastante xeito”. Esta primeira intrusión profesional como perruqueiro custoulle hora e media ao cliente, amais do depósito de confianza. Xa non é pouco.

Como a corentena se prolongue moito máis tempo, non vai haber tesoiras dabondo para atacar as semellantes guedellas que imos lucir.


[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...