Día 10 de corentena: o agardado descanso das sanitarias “cando todo acabe”

Algunhas profesionais do hospital buscan formas de illarse das familias para evitar contaxios; outras afrontan un "esforzo de contención emocional" para manter medidas de precaución

Unha enfermeira de Cremona, esgotada, por mor do coronavirus. Por Lugo tamén hai algunha. INSTAGRAM

Ramón González Rey | O meu descanso nestes días de traballo é saír de noite na aldea, cando non hai ninguén, a sacar o lixo. Comenteille a unha persoa querida que fora “dar un paseo” e riuse de min porque a camiñata son uns cincuenta metros. Pero gústame escoitar os sons da noite e sospeito que hai un benestar tamén un tanto sentimental, pois esas eran exactamente —máis ou menos a mesma distancia, o mesmo lugar— as últimas saídas de miña nai. Eses cincuenta metros son o meu descanso.

Penso estes días no pouco descanso que ten o persoal sanitario do Hospital da Mariña, en primeira liña de combate contra ese becho que nos dá medo a todos. Padecendo a sobrecarga de traballo de enfrontarse a unha crise sanitaria destas proporcións e a ansiedade por coidar dos pacientes e por convivir co riscoAta oito profesionais sanitarias do centro hospitalario mariñao están infectadas.

ALOXARSE SOAS

Unha enfermeira explícame as dificultades de moitas compañeiras que, ante o temor a contaxiar os seus seres queridos de contraeren o coronavirus, estanse a buscar a vida para durmir noutros lugares. “Hai quen é de Ribadeo e veuse a Burela porque a súa parella é unha persoa de risco alto. Varias comparten un mesmo piso na vila. Outra mandou as fillas, o marido e a nai para outro domicilio”, enumera. Cada quen vai buscando como pode “unha solución”. Pero hai quen non pode: “hai unha persoa que ten a súa nai, maior, e ten que estar con ela, porque senón queda soa“.  […]

DESCONECTAR, “IMPOSIBLE”

Hai maneira de desconectar deste tema omnipresente? “Non das desconectado, porque estás pendente de todo”, sinala unha. “Non es capaz, porque estás mirando das compañeiras, dos pacientes… A cuestión está sempre nos medios de comunicación… Nunca te liberas diso”, relata.  […]Advirte de que “o cansanzo mental que esa xente vai ter, mesmo cando todo cabe, é importante. […] “Cando todo acabe” é a parte da frase á que se agarran. “Eu penso en que son dous meses”, dime unha das sanitarias consultadas.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here