InicioOpiniónDía 5 de corentena: as cousas que botan de menos Armando, Concha...

Día 5 de corentena: as cousas que botan de menos Armando, Concha e Miguel Ángel

Tres maiores (un deles de Baralla e con familia en Becerreá) contan como viven o encerro: pesa a reclusión, o illamento dos seres queridos e o medo por eles e polos seus, pero malia todo miran para diante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Os xornalistas que traballamos habitualmente desde a casa, máis os que vivimos nunha aldea e non vemos as vilas desertas máis que nas fotos, temos unha consciencia leve da corentena. Cunha emerxencia sanitaria deste calibre acumúlase o traballo, que absorbe tanto que ás veces temos que lembrarnos de ducharnos, quitar o pixama, comer algo.

Desde a residencia de Foz facilítanme conversar con tres usuarios do servizo para saber como viven o encerro sen poder recibir as visitas das súas familias, sabendo ademais que son desa parte da sociedade con maior vulnerabilidade ante o coronavirus. Agradézoo, a conversa racha coas outras do día, máis formais e máis frías. Teño ao teléfono a Miguel Ángel, Concha e Armando.

Falamos co mans libres, así gravo mentres escoito e anoto, e por momentos danse situacións cómicas. Doume conta ao repasar a gravación de que lles preguntei por cousas que xa me contaran (a cabeciña). Ao final de cada intervención, despídense cun “nada máis, moitas grazas”… Ata que lles volvo preguntar. […]

Armando leva 18 anos na vila focega. Procede de Baralla. Gañouse a vida con moitas tarefas diferentes; foi viaxante, despois camioneiro e cando se acabou o traballo aprendeu chapa e pintura para acabar montando un taller.  […] Armando falou o pasado domingo coa súa irmá, residente en Becerreá. “Díxome que non me preocupara, pero eu preocupación téñoa, porque lle pode tocar a calquera”, lamenta.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...