InicioLugo e contornaLugoTransportistas e gandeiros mobilízanse en Vilalba contra o prezo dos combustibles

Transportistas e gandeiros mobilízanse en Vilalba contra o prezo dos combustibles

Esixen ao Goberno que mova ficha. A cooperativa CLUN, que opera na área lucense, asegura que o sector está "ao límite" ante os piquetes que impiden recoller o leite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dun cento de camións e tractores marcharon este sábado polo municipio lucense de Vilalba para esixir ao Goberno solucións fronte á alza de prezos dos combustibles. A marcha partiu sobre as 11,00 horas do parque empresarial de Vilalba, desde onde os camioneiros foron acompañados por tractores, furgonetas de reparto e coches particulares nun percorrido polas rúas do centro do municipio que culminou de novo no pológono.

Na protesta, na que os vehículos fixeron soar as súas bucinas ao longo de toda a mañá, os participantes tamén reclamaron que o Goberno reciba á plataforma concovante da folga de transportes. Ademais, os transportistas estiveron acompañados por traballadores doutros sectores afectados pola alza de prezos como o gandeiro. Precisamente, en declaracións a Europa Press, o presidente de Agromuralla, José Luís Pérez Barreiro, explicou que é un problema que afecta a moitos sectores.

“Apoiámolos porque a situación tamén nos vai a afectar a nós ás portas da campaña de sementeira de millo e de ensilado de herba”, explica Pérez Barreiro, que sinala que na protesta participaron tamén empresas de servizo, furgonetas de repartición e mesmo vehículos de autoescolas.

SITUACIÓN “CRÍTICA”

Por outro lado, a cooperativa CLUN, que exerce en Lugo advertiu de que a situación derivada do paro de transportes é xa “sumamente crítica” para o sector gandeiro e a actividade transformadora e distribuidora relacionada. A cooperativa destacou ademais que “a pesar de todos os esforzos que se están facendo para fornecer insumos que garantan o benestar animal nas gandarías e seguir coa actividade”, o sector atópase “ao límite da súa capacidade de resposta”.

“Con moitísimo esforzo, en CLUN continuamos recollendo o leite nas producións gandeiras, pero a situación é complexa porque temos outras frontes abertas que atender”, apunta o director xeral da cooperativa, Juan Gallastegui, ao que engade que se deben “prover de alimentos aos animais, e agora mesmo estase impedindo recoller a materia prima”.

RESPOSTA DA XUNTA

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, criticou que o Goberno só culpe á ultradereita da folga de transportes, mentres non achega solucións. Neste sentido, afirmou que “os propios transportistas están a contestar a esas acusacións”. Nesa mesma liña, Alfonso Rueda criticou que esas afirmacións son o “único” que ten o Goberno encima da mesa, mentres “o transporte segue en folga e as subministracións esenciais non chegan”.

Rueda asegurou que non cre que esa sexa unha maneira de solucionar o problema e considera que o Goberno non achega solucións, máis aló de “facer acusacións” sinalando a “quen está ou quen non está” detrás da folga. Así mesmo, o vicepresidente primeiro volveu a reclamar ao Goberno Central “corredores seguros” e un plan de continxencia, ademais de insistir en que hai medios a disposición, “non só as forzas de seguridade do Estado” tamén volveu a solicitar a intervención do exército para un “caso crítico” con servizos de desabastecemento de servizos esenciais aos que a falta de subministracións “poden comprometelos”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...