InicioMovementos sociaisFolga de fame en Lugo para reivindicar a aprobación da Lei Trans

Folga de fame en Lugo para reivindicar a aprobación da Lei Trans

Derek Alexander é un rapaz trans de 24 anos que reivindica o desbloqueo da proposta no Congreso dos Deputados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unhas setenta persoas activistas de todo España iniciaron unha folga de fame o pasado mércores para esixir avances na aprobación da Lei Trans no Congreso dos Deputados. Derek Alexander, un rapaz trans de 24 anos que vive en Lugo, é un deles.

“Eu son home, pero xa nacín sendo home. Os xenitais non me definían”, di Derek para explicar a súa identidade de xénero, que non cadra co sexo que aínda figura no seu DNI. El axiña comezará os trámites para mudar o seu nome a efectos legais, un procedemento que precisamente sería máis doado e áxil no caso de que a Lei Trans saíse adiante.

Actualmente requírese un informe médico e un procedemento psiquiátrico que pode atrasar o paso ata dous anos. O borrador da Lei Trans recolle cambios neste aspecto, pero tamén alude aos dereitos das persoas trans ou non binarias para xestar ou abortar.

O documento presentado por Unidas Podemos no Congreso está actualmente paralizado por diverxencias no propio Goberno. O desbloqueo desta proposta e o seu rexistro como preposición de lei é xustamente o que pretenden conseguir estas 70 persoas que comezaron a folga de fame (persoas do colectivo, pero tamén familiares ou achegados).

“Non me vou render. Seguiremos ata o final”, afirmaba Derek nunha entrevista na Radio Galega, na que tamén engadía que a súa parella está apoiando a causa coa súa propia folga de fame. “Isto é algo para os que veñen detrás, non só para nós“, remataba.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...