Home Terra Chá Begonte Caravana de coches ao Parlamento de Galicia en defensa do colexio de Baamonde

Caravana de coches ao Parlamento de Galicia en defensa do colexio de Baamonde

0
Caravana de coches ao Parlamento de Galicia en defensa do colexio de Baamonde
A Anpa de Baamonde percorrerá o traxecto ata Santiago para defender o Ceip | LX

A ANPA do Ceip de Baamonde convoca unha caravana de vehículos dende esta localidade ata Santiago de Compostela, onde se dirixirán ao Parlamento de Galicia para reivindicar a continuidade do centro educativo. Será o vindeiro martes 9 de marzo a partir das 16:30 horas.

Os coches partirán do colexio e seguirán pola N-VI, dirección Guitiriz. Alí, veciñanza de Pígara sumarase á protesta, pero sen continuar fóra do termo municipal debido ás restricións sanitarias neste concello. A caravana seguirá pola N-VI ata enlazar coa N-634 rumbo Santiago. Unha vez alí, prevese dar unha volta arredor do Hórreo para finalmente concentrarse ás portas.

Alí, ás 18:30, o deputado socialista Luis Manuel Álvarez Martínez defenderá unha iniciativa sobre o mantemento do Ceip de Baamonde e para desbotar calquera posibilidade de desafectar o centro, dado que “o número actual de alumnos se sitúa seis veces por enriba do criterio establecido para pechar un centro educativo en Galicia”.

A asociación de veciños de Baamonde habilitará un autobús gratuíto se se chega a un mínimo de prazas. As persoas interesadas poden apuntarse no Madia Leva ou no Super Onda de Baamonde antes do luns ás 18:00 horas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here