O tenro e reivindicativo vídeo do CEIP de Baamonde: “Señor alcalde, non peche o noso cole, por favor”

Diríxense tamén ao conselleiro de Educación para que non acepte a petición do Concello de Begonte de unificar os dous centros escolares.

Alumnos de Baamonde piden ao alcalde de Begonte que non peche o colexio | ALX

Alumnas e alumnos do CEIP de Baamonde elaboraron un vídeo no que lle piden ao alcalde de Begonte, José Ulla, que repense a súa decisión de pechar o colexio para convertelo nun conservatorio. “Señor alcalde, déixenos vivir e estudar en Baamonde”, din.

Ao tempo, diríxense ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para solicitarlle que impida que os “boten da escola” coa unificación deste centro e mais do Virxe do Corpiño (Begonte).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here