InicioSociedadeVÍDEO | A crise das vacas tolas, contada polos veciños vinte anos...

VÍDEO | A crise das vacas tolas, contada polos veciños vinte anos despois

A memoria colectiva de Mesía (A Coruña) está atravesada polos acontecementos sucedidos no Nadal do ano 2000: uns camións descargaron centos de vacas mortas nunha canteira abandonada do concello. A veciñanza púxose en pé na defensa daquela terra, e a súa loita traspasou fronteiras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 31 de decembro do ano 2000, mentres a xente despedía o ano cabo das badaladas de calquera canle de televisión, houbo dúas familias en Mesía que decidiron tomar as uvas aos pés dunha canteira abandonada da parroquia de Lanzá; e é que aquel lugar estaba sendo protagonista dun dos episodios máis polémicos dos últimos tempos en Galicia. O goberno da Xunta, por aquel entón gobernado por Manuel Fraga Iribarne, dera a orde de depositar centos de vacas mortas naquel burato na terra que deixaran as actividades de extración de cuarzo da empresa Erimsa, detrás da que estaba o exministro Villar Mir.

Estes feitos aconteceron no medio da crise das vacas tolas, unha epidemia causada por un axente infeccioso que se transmitía a través dos pensos de orixe animal, o prion, e que facía enfermar o animal máis importante do país, social, cultural e economicamente falando: a vaca.</

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...