InicioMovementos sociais"Queridos Reis Magos: eu quero seguir estudando no colexio de Baamonde"

“Queridos Reis Magos: eu quero seguir estudando no colexio de Baamonde”

Alumnas e alumnos do CEIP de Baamonde escriben sobre o seu centro, cuxa continuidade está en dúbida tras anunciar o alcalde de Begonte a súa intención de pechalo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Queridos Reis Magos: escoitei aos meus pais que quizais teña que ir estudar a outro colexio porque non sei moi ben quen o quere pechar. Eu quero seguir estudando aquí, que xa sabedes que é na escola de Baamonde. Por favor, cumpride este desexo para min”.

O agasallo que Yasmi lles pide este ano a Melchor, Gaspar e Baltasar se cadra non está nas mans dos tres magos, senón que depende máis ben do Concello de Begonte e mais da Consellería de Educación. A eles se dirixen pais e nais do estudantado para protestar contra a pretensión do goberno local de clausurar esta escola unitaria. 

Así e todo, amais de manifestacións e escritos oficiais, a petición tamén colle formas máis sentimentais, coma a carta de Yasmi ou as redaccións doutros alumnos e alumnas do colexio, que quixeron plasmar o moito que lles gusta o CEIP de Baamonde. “A calquera neno lle gustaría este cole, porque é máxico“, escribía un deles, segundo se pode ver nas redes sociais do colectivo de afectadas.

Este é, din, un cole “divertido e acolledor”, pequeniño e rural. O seu peche suporía outro “pau nas rodas” para o Lugo non urbano, que xa se mobilizou contra a supresión doutros servizos básicos (centros de saúde, liñas de transporte, etc). Para Noa e Xián, o seu “é un cole moi interesante”: “Señor alcalde do concello de Begonte, non nos peche o cole“, despídense.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...