InicioMovementos sociaisO Bierzo pide a reforma do Estatuto de Galicia para unha posible...

O Bierzo pide a reforma do Estatuto de Galicia para unha posible anexión como quinta provincia

O movemento cidadán A Quinta iniciou unha recollida de sinaturas para enviar unha petición ao Parlamento Galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O movemento cidadán A Quinta do Bierzo puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a modificación do Estatuto de Galicia de maneira que dea cabida á posible incorporación da comarca do Bierzo ao territorio galego.

O comezo desta campaña estaba previsto para hai tres meses, pero as restricións coáronse polo medio e obrigaron ao seu atraso. Aínda así, a petición non perde forza e pretende “plasmar en demanda tanxible as simpatías existentes no conxunto da sociedade do Bierzo para converter a comarca na quinta provincia da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Máis concretamente, procuran iniciar contactos coas forzas políticas do Parlamento para solicitar a modificación do Estatuto. “Entendemos que antes de lograr un acordo de modificación das fronteiras interiores de España no Congreso dos Deputados faise imprescindible que as dúas partes (O Bierzo e Galicia) teñan acordo explícito de apoio á demanda”, explican dende A Quinta, o que se traduce no apoio maioritario dos grupos políticos.

“Sabiamos que o camiño ía ser longo”, admiten. Con todo, están dispostos a dar o primeiro paso e inician así unha campaña que se desenvolverá nos establecementos hostaleiros do Bierzo co obxectivo de “axudar a devolver a confianza a este sector”, tan gravemente afectado polas medidas restritivas.

Así pois, varios locais hostaleiros do Bierzo xa teñen activa a campaña para asinar. Nos vindeiros días estenderase ao resto da comarca.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...