InicioMovementos sociaisA asociación 25 Xastres lanza unha campaña de recollida de alimentos en...

A asociación 25 Xastres lanza unha campaña de recollida de alimentos en Monterroso

O actor Sergio Pazos, a cantante Uxía ou o humorista Oswaldo Digón son algúns dos artistas que apoian a iniciativa en redes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pandemia non permite celebrar este ano en Monterroso a tradicional Gala Solidaria da asociación 25 Xastres, mais o colectivo propúxose trasladala ás redes e lanzaron unha campaña de recollida de alimentos para axudar as familias máis necesitadas do concello este Nadal.

Quen queira colaborar poderá facelo entre o 5 e o 12 de decembro. Habilitaranse distintos puntos de recollida: o supermercado Eroski City, o supermercado Dia e as instalacións do Concello de Monterroso. Agradecen a achega de alimentos non perecedoiros, alimentación infantil e produtos do Nadal.

Para anunciar a iniciativa, 25 Xastres contou coa axuda dos seus “padriños e madriña”: Carlos Pereiro, Sergio Pazos, Uxía, Pablo Antas, Oswaldo Digón e Carlos Blanco.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...