InicioMovementos sociaisParga mobilízase esta semana para esixir a reapertura total do consultorio médico

Parga mobilízase esta semana para esixir a reapertura total do consultorio médico

Están previstas mobilizacións en dita localidade e en Lugo, diante do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidadanía de Parga (Guitiriz) non queda cos brazos cruzados ante o peche parcial do consultorio médico coa escusa do coronavirus e durante toda esta semana mobilizarase para esixir a súa completa reapertura. Piden o apoio de toda a veciñanza, empresarios da zona e xente doutros concellos.

A primeira cita está prevista para mañá, martes 23, ás 10:00 horas diante do centro médico de Parga. Ata alí levarán as súas protestas, segundo acordaron a finais da semana pasada nunha asemblea veciñal celebrada no campo de fútbol da localidade.

O xoves 25 as reivindicacións traspasarán as fronteiras municipais e chegarán ata a capital da provincia, saída para a que fletarán autobuses gratuítos dende Parga. Será ás 10:00 horas, na explanada do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Alí volverán expoñer o seu desacordo coa medida do Sergas de deixar dispoñibles unicamente o servizo de enfermaría e de atención a enfermos crónicos. O resto de usuarios terían que ser atendidos agora no PAC de Guitiriz, un centro xa acusado pola saturación previamente, segundo denuncian dende a Plataforma Parga Non Se Divide. “Quen pretenda atacar Parga vai atopar a todo o pobo en pé diante del”, advertían.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...