InicioMovementos sociaisContra as listas de espera: "Por que vou ter que ir ao...

Contra as listas de espera: “Por que vou ter que ir ao Polusa ou aos Ollos Grandes se pago por unha sanidade pública?”

Lugo ten dende esta semana unha Plataforma Cidadá contra as Listas de Espera do Sergas. Todos os mércores, a partir das 10:30h, colocarán unha mesa informativa no HULA para "orientar" os usuarios no proceso de interpoñer unha reclamación. "Á Xunta éncheselle a boca co tema de Sanidade", din, "pero fan de nós o que queren". Lamentan a "falta de medios" e a "tendencia privatizadora" do Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta segunda semana de febreiro púxose en marcha en Lugo unha Plataforma Cidadá contra as Listas de Espera do Sergas. Nela intégranse varios colectivos e persoas particulares co fin de “non quedar parados” ante unha problemática que “afecta a moitísima xente”. “Á Xunta éncheselle a boca co tema da Sanidade, pero á hora da verdade a realidade é outra”, quéixanse dende a Plataforma.

Helena Jorge é unha das persoas que forman parte do colectivo, no que se inclúe CIG-Saúde e a asociación Con Lupa. En conversa co Lugo Xornal, explica que a intención desta plataforma é a de “orientar” os usuarios no proceso de interpoñer unha reclamación por dilacións nas listas sanitarias. Todos os mércores, a partir das 10:30 horas da mañá, colocarán unha mesa informativa na entrada do HULA para axudar os afectados. “Queremos animar a que a xente non quede calada. Que reclamen, que protesten!, porque fan de nós o que queren”, di Helena.

As demoras nas listas de espera son unha das queixas máis recorrentes entre pacientes e familiares, “pero non todo o mundo sabe como actuar se non está conforme“.  “Aí é onde queremos axudar nós”, subliñan. Segundo a Plataforma, os problemas non radican unicamente nas esperas que se prolongan, senón na ausencia de resposta e transparencia por falta da Administración.

“NIN SEQUERA CHE DAN UNHA EXPLICACIÓN”

Así o exemplificaba Helena: “O oftalmólogo mándache ir a revisión cada nove meses, pero logo non che dan cita ata dous anos despois. Presentas unha reclamación, pero nin sequera che contestan nin che dan unha explicación!”. Da mesma maneira, revélase a “tendencia privatizadora” que lle achacan ao Sergas: “Din que se queremos adiantar unha operación podemos ir ao Polusa ou aos Ollos Grandes. Pero por que teño que ir eu a eses hospitais se pago pola Seguridade Social? Hai hospitais públicos marabillosos, pero están facendo todo  o posible para privatizar”.

As queixas van máis alá e dende a Plataforma critican os “continuos recortes en Sanidade”, que poñen de manifesto “a falta de médicos e medios”. Ante situacións coma esta que describen, defenden que “hai que facer algo e non quedar na casa“, dicían, confiados no poder da mobilización social.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...