As Towanda Rebels abrirán un novo ciclo dos Faladoiros Feministas en Lugo

De aquí a maio, tamén intervirán Ana Iglesias, Marta Busquets, Carmen Castro e Mabel Lozano.

Teresa Lozano e Zua Méndez, as rapazas que conforman Towanda Rebels | Towanda Rebels

Arrinca unha nova edición dos Faladoiros Feministas de Lugo. O ciclo comezará este venres 17 de xaneiro da man de Towanda Rebels e estenderase ata o vindeiro mes de maio con outras catro citas.

A iniciativa, posta en marcha pola Deputación e polo Foro Feminista Maruxa Mallo, ten como obxectivo a conexión do feminismo coa cidadanía, propoñer alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, empoderar ás mulleres e loitar contra as violencias machistas.

O primeiro faladoiro está previsto para o venres 17 de xaneiro, ás 20:00h no Vello Cárcere. Towanda Rebels —Teresa Lozano e Zúa Méndez— serán quen abran a edición. Estas dúas comunicadoras teñen unha canle de Youtube que medrou ata converterse nun proxecto máis amplo de formación e contidos feministas.

Os seguintes faladoiros estarán protagonizados por Ana Iglesias (28 de febreiro); Marta Busquets (13 de marzo); Carmen Castro (24 de abril) e Mabel Lozano (22 de maio). A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here