Extinguido o incendio de Muras tras calcinar 83 hectáreas

Un incendio forestal / EFE

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio que desde a tarde noite do domingo afectaba o Concello de Muras (Lugo) quedou extinguido ao redor das 20,00 horas deste luns.

Segundo as últimas estimacións, o lume, que se localizou na parroquia de Burgo, arrasou un total de 83 de héctareas de monte raso. Este incendio comezou ás 20,35 horas deste domingo e quedou controlado ás 6,19 horas deste luns.