InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta instalará gaiolas en Lugo para atrapar xabarís nas zonas de...

A Xunta instalará gaiolas en Lugo para atrapar xabarís nas zonas de paso

Os técnicos autonómicos decidirán a ubicación das gaiolas, priorizando aquelas zonas de paso dos xabarís nas que está prohibido o uso de armas de fogo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia instalará gaiolas para frear a presenza de xabarís nas rúas de Lugo. A esta medida hai que engadir o cerco e limpeza dos refuxios do animal, que o goberno autonómico encomendou á administración local. O anuncio da Delegación Territorial prodúcese horas despois do paso de tres animais pola Fonte dos Ranchos, intersección entre o barrio da Residencia, A Milagrosa e o casco histórico.


A instalación das gaiolas realizarase nos días vindeiros, priorizando aquelas zonas de paso de xabarís nas que a lexislación impide usar armas de fogo. No espazo urbano está prohibida así mesmo a persecución con cans. Os especialistas da Xunta xa entregaran ao Concello de Lugo un mapa que sinala as goridas do porco bravo na contorna da cidade.

En base a ese documento, o executivo local confirmou o inicio dos traballos de roza en leiras de titularidade pública. Aliás, dende a alcaldía lembran que a disuasión é competencia da Xunta de Galicia, e sitúan a “planificación do monte” na orixe do problema.

A Xunta cercará os xabarís en Lugo e os animalistas piden medios non letais

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...