InicioMedioambiente e PatrimonioA seca do encoro de Belesar deixa á vista as ruínas do...

A seca do encoro de Belesar deixa á vista as ruínas do vello pobo de Portomarín

O alcalde de Portomarín advertiu de que levan "xa un par de anos en que esta baixada do caudal é moi considerable".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A seca do encoro de Belesar deixou á vista as ruínas do vello pobo de Portomarín, que foi sepultado pola presa na década do sesenta do pasado século aínda que moitas das edificacións foron trasladadas á actual localización.

O alcalde deste municipio, Pablo Rivas, constatou que “o vello Portomarín está ao descuberto polo baixo caudal que trae o encoro de Belesar, que está moi baixo”. Tan baixo de auga está que aínda que “no verán o caudal é sempre baixo”, o alcalde de Portomarín advertiu de que levan “xa un par de anos en que esta baixada do caudal é moi considerable”.

Rivas apelou ao “impacto negativo” deste escenario e puxo o acento nos problemas con que se poden topar “con actividades que se desenvolven no encoro”. Tamén considera contraproducente esta situación “a nivel ecolóxico, que pode ser moi prexudicial para o Río Miño, e en canto a actividades no río e o impacto económico para o concello”.

O alcalde de Portomarín puntualizou que “a subministración de auga” no municipio está “garantido“. “Porque non temos a captación do encoro, pero noutros puntos do río si que podería verse afectado esa subministración”, concluíu Pablo Rivas.

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...