InicioMedioambiente e PatrimonioA CIG denuncia a "preocupante" falta de profesionais en "todos" os...

A CIG denuncia a “preocupante” falta de profesionais en “todos” os distritos forestais da provincia

Destaca que hai 35 postos sen cubrir en brigadas antincendios de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denuncia a “preocupante” falta de profesionais en “todos” os distritos forestais da provincia de Lugo ás portas do inicio da campaña de alto de risco de verán, xa que hai 35 postos que constan como efectivos (ao figurar na relación de postos de traballos), “pero que, en realidade, están sen cubrir”.

O sindicato reclama á Consellería do Medio Rural que cubra estas vacantes, dado o “perigo que isto implica nun traballo de risco elevado como este”.

Censura que esta falta de profesionais “estase arrastrando desde hai anos sen que a Consellería do Medio Rural poña solución”. “A Consellería do Medio Rural fai moita propaganda, gasta moitos esforzos e diñeiro en transmitir unha imaxe de responsabilidade e profesionalidade que non se corresponde coa súa xestión do persoal. Enorgullécese de ter un amplo dispositivo no Spdcif, pero a realidade é que hai códigos de RPT pero non persoas cubrindo eses postos. Vende fume, pero está a xogar con lume”, reproba.

Así, lamentan que moitos dos postos da RPT están sen cubrir, xa que a Consellería nin “os oferta como prazas de superior categoría ou por adscrición provisional, nin tampouco dota estes postos con persoal das listas de substitución”. E avisa de que a administración “decidiu cubrir só as prazas de persoal que está de baixa por IT, pero moitas delas non chegan a ser efectivamente cubertas, porque cando rematan os trámites dos chamamentos as persoas titulares xa se reincorporaron da baixa”.

Deste xeito, cita diferentes exemplos de postos vacantes de bombeiros forestais, emisoristas, vixiantes, postos de brigadas e de traballadores de motobombas nos distritos de Mariña Lucense, Fonsagrada Ancares, Terra de Lemos, Lugo-Sarria e Terra Chá.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...