InicioMedioambiente e PatrimonioO BNG impulsará a declaración BIC dos cemiterios neogóticos da Terra Chá

O BNG impulsará a declaración BIC dos cemiterios neogóticos da Terra Chá

O BNG proporá no Parlamento galego esta catalogación como un plan de usos para as usuarias destes recintos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Parlamento galego a proposta de declaración BIC dos cemiterios neogóticos da Terra Chá. Esta iniciativa vai acompañada tamén dun plan de usos destas instalacións fúnebres, o que garante a súa protección sen provocar dificultades e prexuizos ás propietarias e propietarios.

A deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, sinalou que estes espazos fúnebres son únicos en Galiza “cemiterios como os de Goiriz, Alba, Román, Rioaveso ou Xermar no concello de Vilalba constitúen un patrimonio material do século XVI de enorme valor artístico e cultural e un elemento único da paisaxe da Terra Chá, mostra do traballo dos canteiros da comarca”

Neste senso, Olalla Rodil subliñou a necesidade desta protección “as administracións públicas deben pór en valor e difundir a súa historia“. “Desde o BNG defenderemos no Parlamento galego a que desenvolvan estas accións, ningún país prescindiría nin relegaría un elemento como son estes espazos”, dixo a deputada.

Desde o BNG defenden que esta protección amparada pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, a cal non suporá ningunha traba para as usuarias e usuarios, xa que nesta iniciativa inclúe a creación dun plan de usos. A deputada enfatizou a importancia desta medida “son espazos funerarios nos que moitas persoas teñen soterrados os seus familiares e en ningún caso queremos que a protección do patrimonio lles cause prexuízos” declarou Olalla Rodil.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...