InicioMedioambiente e PatrimonioA veciñanza da fronteira entre Lugo e O Bierzo mobilízase contra os...

A veciñanza da fronteira entre Lugo e O Bierzo mobilízase contra os macroproxectos eólicos

A Plataforma 'Así non' organiza este sábado 3 de abril tres marchas simultáneas que sairán dende Busmaior, Brañas e Fonteformosa para protestar ante a "avalancha" de proxectos enerxéticos na zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os xigantes eólicos ameazan con apousar no Bierzo, pero a veciñanza berra “Así non”. Ese é precisamente o nome co que se denomina a nova Plataforma de colectivos contra os macroproxectos enerxéticos, cuxa primeira acción será a convocatoria dunha marcha este sábado 3 de abril “en defensa do territorio e o patrimonio ambiental e cultural ante a avalancha de grandes proxectos enerxéticos que queren arrasar os montes do Bierzo e de toda a Cordilleira Cantábrica”.

“Estes macroproxectos eólicos e fotovoltaicos invaden a maior parte do terreo dos municipios nos que se proxectan, e desprazan non só as economías locais (agricultura, gandería, apicultura, turismo rural…), senón tamén os habitantes e a biodiversidade“, explican dende a Plataforma ‘Así non’.

Para este colectivo, o problema non é a enerxía renovable, senón o modelo que se segue: a súa implantación “masiva, non planificada e a grande escala, en zonas de grande valor ecolóxico e medioambiental”.

A manifestación deste sábado sairá ás 12:00 horas dende puntos diferentes: haberá marchas simultáneas dende Busmaior (Barjas-Bierzo) e dende as localidades lucenses de Brañas e Fonteformosa (O Courel). O punto de encontro será o Alto do Rebelo, na fronteira entre comunidade autónomas, como mostra da “unión” dos territorios ante “unha emerxencia que ameaza a paisaxe, o medioambiente e a pervivencia da vida nas aldeas”.

A Plataforma sinala que varios municipio do Bierzo xa se postularon en contra dos parques eólicos de Barjas e Trabadelo, pero o goberno local de Barjas continúa a favor destes proxectos.

O COLECTIVO

A coordinadora ‘Así Non’ está conformada por entidades dun e outro lado da fronteira. Son, concretamente, as seguintes: A Cabrera, Adega, Asociación A Morteira, Asociación de Amigos de los Montes Aquilianos, Asociación Custodia do Territorio, Asociación A Volta Grande do C@urel/CourelLivreDeEolicos,  Asociación Ateneo La Guiana, Asociación Bierzo Vivo, Asociación La Olla del Bierzo, Asociación para el Desarrollo Rural Bierzo Cabrera, Asociación de Estudios Ornitológicos Tyto Alba, Asociación Plataforma Bierzo Aire Limpo, Asociación Plataforma Defensa Cordillera Cantábrica,  Asociación Souto Vivo, CMMVVMC Orreos, Instituto de Estudios Cabreireses , Junta Vecinal de Valdavido, ONG Cabrera Natural, ONG Rios con Vida, Plataforma ciudadana para una Transición Ecológica Justa, Proxecto Life Oso Courel, Proyecto Orbanajo e Rural Sostenible.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...