InicioMedioambiente e PatrimonioUn proxecto para mudar Os Ancares nun espazo de turismo científico

Un proxecto para mudar Os Ancares nun espazo de turismo científico

A Deputación tenta avalar nos Ancares e mailo Courel un selo de calidade para este medio natural protexido e dun alto valor para a comunidade científica

PUBLICADA O

- Advertisement -

A recente xuntanza do goberno da Deputación de Lugo incluíu a adxudicación dun proxecto que avale un novo selo de calidade turística. Trátase de converter o territorio Ancares-Courel nun ecosistema para o turismo científico, acorde co potencial dos recursos naturais e o seu interese para a comunidade investigadora.

Para tal fin, a autoridade provincial adicará preto de 70.000 euros a unha iniciativa enmarcada no Plan Estratéxico de Turismo. Téntase deste xeito dar o pulo inicial a un turismo innovador para a rexión, un dos maiores espazos naturais de Galicia con múltiples zonas de protección do medio ambiente.

Entre elas salienta a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucesnses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá; as zonas especiais de conservación ZEC Ancares-Courel e a Zona Especial de Protección para as Aves dos Ancares, ambas pertencentes á Rede Natura 2000; a Reserva Nacional de Caza e zona de Especial Protección do oso pardo e a declaración como Paraxe Pintoresco da Serra dos Ancares en Cervantes.

A creación do ecosistema integrado de turismo científico Ancares-Courel procura desenvolver as estruturas necesarias para crear un turismo de calidade, avalado polo distintivo Observer Turismo Científico, sostible e vivo durante todo o ano.

Para acadar este distintivo, que en Galicia só ostenta o Parque das Illas Atlánticas, o territorio Ancares-Courel será auditado para avaliar o seu potencial. De acadarse o selo de calidade, a Deputación pasará a implantar a estratexia de desenvolvemento, que consta de dez accións.

Entre elas está a a creación dun grupo de traballo cos axentes claves do territorio, unha páxina web, o deseño dun catálogo divulgativo de bens de interese científico para este ecosistema, así como cinco itinerarios temáticos ligados ao turismo científico e a creación dunha aplicación móbil. Amais, desenvolverase unha programación anual de turismo científico, un seminario para empresas do sector sobre o mesmo e un seminario de formación para guías e informadores turísticos. 

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...