InicioMedioambiente e PatrimonioA prohibición da caza do lobo pon en xaque os gandeiros: "As...

A prohibición da caza do lobo pon en xaque os gandeiros: “As axudas non cobren as perdas reais”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A polémica arredor da protección total do lobo, prohibindo a súa caza mesmo para o control da especie, puxo en alerta ao sector gandeiro, sobre todo o sector da gandería extensiva. Os propietarios de gando temen a “impunidade” do lobo para atacar as súas propiedades. Voces sindicais apuntan á necesidade de incrementar as axudas por perdas de cabeza de gando ademais dun maior investimento en medidas de prevención. Por outra parte, empregar as batidas para o control do depredador segue tendo defensores aínda que as posturas pasan por que sexa a Administración quen leve adiante estas accións ou quen apoia a validez das batidas por cazadores.

VALORACIÓNS DESDE GANDEIROS E REPRESENTANTES

As medidas preventivas dos gandeiros pasan desde os pastores eléctricos, uso de cans mastíns e peche de fincas. “Non estamos contra a introdución do lobo dentro da lista de especies a protexer, mais non desta maneira” di Joán Alibés, membro do Observatorio Campo Grande, para a mediación entre gandeiros e administracións sobre a convivencia co lobo. “Os medios para convivir con este animal estámolos  poñendo os gandeiros”. “A proposta do Ministerio é un cambio sen diálogo e que está enfrontando posturas”.

Observatorio editou un documento na súa web onde resaltan a necesidade de que todos os axentes implicados (administracións, ecoloxistas e gandeiros) estean nunha mesma mesa de negociación. A finalidade é que non haxa medidas unilaterais en prexuízo de terceiros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Greenfiber reitera que Altri “non cambiará as condicións do Ulla” e alega que o estudo de Ence “non está actualizado”

Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reiterou este martes que...

Falece no hospital un home de 92 anos que sufriu unha caída por un terraplén na Fonsagrada o domingo

Un home de 92 anos faleceu na madrugada deste martes no Hospital Lucus Augusti...

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...