InicioMedioambiente e PatrimonioPatrimonio dos Ancares documenta dúas mámoas na serra de San Pedro (Becerreá)

Patrimonio dos Ancares documenta dúas mámoas na serra de San Pedro (Becerreá)

O seu achado foi posible grazas á información facilitada por unha veciña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Patrimonio dos Ancares vén de documentar dúas novas mámoas no concello de Becerreá grazas á información facilitada por unha veciña. Atópanse na serra de San Pedro, na parroquia de Cascallá, a 795 metros de altitude e próximas a unha ruta sinalizada entre as aldeas de Todón e San Pedro.

Segundo explica a asocaiación, a primeira das mámoas ten unhas medidas de 18 metros de diámetro e unha altura de 0,80 metros. Sobre o túmulo hai gran cantidade de pedras de lousa e cuarzo que formaban parte da coiraza que o recubría. Entre a maleza vense dúas pedras de considerables dimensións que puideron formar parte do dolmen que agochaba no seu interior.

A segunda medoña, de menores dimensións, ten un diámetro de 12 metros e unha altura de 0,30 metros, perdendo gran parte da masa tumular ao ampliar un camiño. A súa antigüidade ronda os 6.000 anos.

Segundo informacións, nesta penichaira podería haber, polo menos, outras tres mámoas que foron destruídas hai décadas polos labores agrícolas e forestais.

Por outra parte, Patrimonio dos Ancares informa de que outras catro mámoas localizadas no concello (tres no Monte Brueiras, na parroquia de Guilfrei, e outra máis na Pena de Leira, en Ferreirós de Valboa) xa foron catalagodas polo Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura. O achado da mámoa de Pena de Leira foi posible grazas á documentación antiga dos Interrogatorios do Catastro de Ensenada levados a cabo no ano 1752.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...