InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta deféndese das críticas sobre os proxectos eólicos e di que...

A Xunta deféndese das críticas sobre os proxectos eólicos e di que non poñen en risco o medio

O BNG acusa o Goberno galego de non ampliar a Rede Natura para amparar a "destrución" de hábitats polas eléctricas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, defende que a Xunta non autoriza “ningún” proxecto eólico que “sexa incompatible” co medio ambiente. Na comisión de Ordenación Territorial, o deputado do BNG Luís Bará cargou contra a política eólica do PP, que deixa “espazos arrasados”, e puxo como exemplo o promontorio do Roncudo, en Corme.

Acusou a Xunta de que “impediron” a ampliación da Rede Natura para favorecer a instalación de 35 parques en zonas como as serras da Groba, Suído, Xistral, así como  na Costa da Morte e Costa Ártabra, entre outros. En resposta, Paula Uría sinalou que o Goberno galego só autoriza proxectos que conten con “todas as garantías” a través dun desenvolvemento “ordenado” e unha planificación “definida”, que inclúe a protección de espazos naturais.

Asegurou que non se puxo ningún proxecto en Rede Natura desde o ano 2009, pero lembrou que houbo “seis” neses espazos co bipartito. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...