InicioLugo e contornaLugo#LugoPatrimonioMundial, o movemento social que bate récords nas redes un ano máis

#LugoPatrimonioMundial, o movemento social que bate récords nas redes un ano máis

Hai dous anos naceu nas redes o movemento social #LugoPatrimonioMundial, unha iniciativa lanzada polo guía turístico lucense Guido Álvarez Parga e que leva 24 meses batindo récords e unindo a todo Lugo (políticos de todas as cores, deportistas, músicos e persoas de todos os ámbitos) cun obxectivo común: facer forza para unha futura candidatura da cidade á declaración da UNESCO

PUBLICADA O

- Advertisement -

Todo comezou no 2019 cun post en cada unha das redes máis populares: Twitter, Facebook, Instagram… Tras darse conta de que #LugoPatrimonioMundial nunca antes fóra utilizado en ningunha rede, o guía turístico Guido Álvarez Parga decidiu animar ós amantes de Lugo a utilizar o cancelo divulgando belezas e riquezas da cidade, aglutinando forzas para unha futura candidatura da cidade á UNESCO, e de paso estimulando a autoestima e o amor polo patrimonio histórico, cultural, artístico e natural.

O primeiro ano o éxito xa foi xigante, acumulando máis de 3.000 mencións nos 6 primeiros días, só en Twitter, da etiqueta #LugoPatrimonioMundial. Martín Barreiro, Odón Elorza, Lucía Pérez, Salva Arco, Sergi Quintela, Roberto Trashorras, Sergio Vallejo, Jorge Prado, José Luis López Orozco, Lara Méndez, Rubén Arroxo, Antonio Ameijide, Olga Louzao foran algúns dos persoeiros que apoiaran e multiplicaran a viralidade da iniciativa.

Despois dun fructífero primeiro aniversario, este ano estanse a bater todos os récords: na primeira metade do día #LugoPatrimonioMundial superaba xa as 2000 mencións en Twitter e a media tarde o movemento xa suma novos e fortísimos apoios como a eurodeputada Ana Miranda, o ex-ministro José Blanco, os deputados Jaime de Olano, Beatriz Pino e Ana Prieto, a parlamentaria Olalla Rodil ou a conselleira de Cultura e Turismo de Madrid, a lucense Marta Rivera.

Salva Arco, Alfonso Reyes, Sergi Quintela e outros deportistas da cidade ou relacionados con ela foron outros dos apoios máis destacados.

 

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...