InicioMedioambiente e PatrimonioLugo ábrese ao río Rato

Lugo ábrese ao río Rato

Rubén Arroxo lembrou que se investiron un total de 132.842€.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, fixo balance das actuacións realizadas no último ano para abrir a cidade ao Río Rato. Así, explicou que se tratou de mellorar o acceso ao Rato” ao mesmo tempo que dabamos solucións á mobilidade, mellorando tamén a calidade de vida da veciñanza”.

Lembrou que se actuou no Barrio Xuíz, mellorando o estado de todos os viais dunha zona próxima ao río, que se atopaba nun avanzado estado de desgaste. Nos últimos meses, realizouse tamén a mellora do asfaltado do Carril do Xuízo, onde se mellorou a adherencia do vial, substituíndose o asfalto na parte inferior, que chega á zona do río. Por último, vense de rematar o asfaltado da rúa Virxe da Esperanza, que une Montirón con San Fiz e o Paseo do Rato.

En total, o Concello de Lugo investiu 132.842,69€. O Tenente de Alcalde lembrou que “coas restricións de mobilidade actuais, o Paseo do Rato estase a converter nunha das zonas máis utilizadas polas veciñas e veciños para practicar deporte e pasear, e desde o goberno municipal queremos facilitar que toda a veciñanza poida acceder á zona”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...