InicioMedioambiente e PatrimonioAs obras de Quiroga Ballesteros seguen destapando fragmentos da domus romana

As obras de Quiroga Ballesteros seguen destapando fragmentos da domus romana

Esta última descuberta semella estar "en mellor estado de conservación" e podería tratarse da entrada a unha das estancias do edificio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou este martes dos novos restos arqueolóxicos localizados no desenvolvemento dos traballos de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros.

Segundo os exames preliminares realizados polo equipo de arqueoloxía da obra, trátase dunha continuación da Domus da que se foron atopando restos durante todo o desenvolvemento desta intervención.

Con todo, este novo fragmento atopado este martes atópase en “mellor estado de conservación que os restos desenterrados anteriormente”, explicou Rubén Arroxo, que precisou que, nos próximos días, persoal de arqueoloxía da obra, do Concello e da Xunta de Galicia realizarán un estudo pormenorizado sobre o seu valor histórico.

O descubrimento consiste nun fragmento da entrada dunha das estancias do edificio situado baixo o Centro Social Uxío Novoneyra, e está formado por elementos de pedra e cerámica.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...