InicioSociedadeUnha multinacional proxecta un parque eólico en Becerreá a tan só 380...

Unha multinacional proxecta un parque eólico en Becerreá a tan só 380 metros do núcleo de Sarceada

A empresa italiana Enel Green Power pretende instalar sete aeroxeradores na Serra do Furco. O expediente atópase en fase de avaliación inicial, pero a asociación Rente ao Couce xa anunciou que tentará paralizalo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia publicou a mediados de xaneiro a documentación relativa ao expediente de tramitación dun novo parque eólico nos Ancares lucenses. Neste caso estaría situado na Serra do Furco (Becerreá), a tan só 380 metros en liña recta do lugar de Sarceada (San Xoan de Furco).

Así mesmo, o parque tamén afectaría a San Pedro e a Todón —este último na parroquia de Santa María de Cascallá—, que distan uns 700 e 900 metros respectivamente dos aeroxeradores.

Emprazamento do parque eólico proxectado na Serra do Furco, en Becerreá | ALX

O proxecto promóveo a multinacional italiana Enel Green Power e incluiría a instalación de sete aeroxeradores de 115 metros de altura, cunha potencia total de 40 MW. A compañía estima que o prazo de execución previsto para a realización das obras sería de nove meses a contar dende o momento da súa contratación.

Actualmente o informe atópase na fase inicial de consultas previas para a súa avaliación ambiental, polo que de momento non existe obriga de comunicalo á veciñanza. Así e todo, a asociación Rente ao Couce xa anunciou que se presentaría como parte interesada no expediente do parque, xunto a máis asociacións que se mergullarán no procedemento de alegacións.

“IMPACTA NO NOSO FUTURO”

Segundo publican nas súas redes, entenden que “o parque eólico da Serra do Furco impacta na paisaxe, no patrimonio, na flora, na fauna e, sobre todo, nun uso máis racional e xusto do monte”. “Isto, ao final, impacta no noso futuro”, engaden, convencidos de que “o uso e explotación que se está facendo da enerxía eólica está deixando fóra de xogo o rural e os seus habitantes”.

“Que non nos enganen. Estes proxectos fanse por cartos, non por favorecer a ninguén ou fixar poboación“, resaltan, para avanzar que tentarán paralizar o proxecto para “defender o territorio”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...