InicioMedioambiente e PatrimonioO TSXG ratifica a negativa a proxectos mineiros de cuarzo na Terra...

O TSXG ratifica a negativa a proxectos mineiros de cuarzo na Terra Chá

Unha sentenza desestima o recurso que interpuxera a empresa Erimsa contra o primeiro rexeitamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou senllos recursos da empresa Erimsa contra a negativa en primeira instancia a proxectos mineiros de cuarzo na comarca lucense de Terra Chá.

Nun comunicado, a Comisión contra as Minas da Terra Chá -integrada por unha vintena de colectivos sociais, sindicais e veciñais da comarca-, remarca que as pretensións de Erimsa con estes litixios contra o Concello de Cospeito era reactivar un procedemento iniciado en 2008 e, “por tanto, caducado“, para obter autorización para a súa actividade.

Respecto diso, as sentenzas remarcan que é incuestionable que o expediente de autorización autonómica previa terminou cunha resolución firme desestimatoria.  E é que esta empresa de capital chinés e domicilio en Noruega non emendou deficiencias como a falta de informes sectoriais favorables por parte de diversos departamento da Xunta.

Segundo explica a Comisión contra as Minas da Terra Chá estas sentenzas súmanse ás ditadas en 2016, nas que se lles denegaba licenza municipal para as concesións Alicia e Karle, en Castro de Rei e Cospeito, previa denegación da autorización autonómica.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...