Cubos de fregona para impedir que as goteiras danen os restos romanos de Lugo

O PP critica a "falta de proxecto" do goberno local para poñer en valor as fiestras arqueolóxicas da cidade.

Cubos de fregona no interior das fiestras arqueolóxicas en Lugo | LX

EFE | O grupo municipal do PP de Lugo criticou que a “única solución” do goberno local ás goteiras que teñen as fiestras arqueolóxicas da cidade, que mostran in situ achados da época romana, sexa “colocar cubos de fregona” para que a auga non caia directamente sobre mosaicos ou outros elementos patrimoniais.

A concelleira Beatriz Vázquez criticou a “ausencia dun proxecto” por parte de PSdeG e BNG para “facer destacar esas fiestras arqueolóxicas” no centro urbano e, con ironía, afirmou que neste momento serven para “poñer en valor os cubos de fregona que se utilizan para recoller a auga das goteiras”.

A edil aclarou que ás roturas dos cristais e ao bafo que impedían ver os restos arqueolóxicos que protexen esas xanelas, súmase agora que “no canto de solucionar os problemas”, o goberno local só “pon parches para evitar que a auga dane os restos romanos”. Por iso, pregúntase “cal é o modelo de conservación e posta en valor do patrimonio” de socialistas e nacionalistas, “incapaces de atopar unha solución adecuada nestes anos”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here