InicioMedioambiente e PatrimonioSentenza "demoledora" para a Plataforma Salvemos O Iribio contra a instalación de...

Sentenza “demoledora” para a Plataforma Salvemos O Iribio contra a instalación de eólicos

O terreo, segundo consta nas resolucións, ten a cualificación de espazo natural protexido como zona de conservación da ZEC Os Ancares-O Courel, Zona de Especial Protección de Valores Naturais e zona de Rede Natura 2000.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Salvemos O Iribio, integrada polas organizacións ecoloxistas que se opoñen á instalación dun parque eólico na serra, cualificou como “demoledora” a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o acordo para modificar ese polígono de aeroxeradores.

Mediante un comunicado, a plataforma asegura que esa sentenza recolle os “argumentos” cos que as entidades que presentaron recurso “fundamentaron xuridicamente a ilegalidade do proxecto eólico aprobado en xuño de 2019 por acordo do Consello da Xunta, presentado como modificación dun proxecto anterior aprobado en 2007 polo goberno de Manuel Fraga, que nunca se chegou a executar”.

Por iso, a plataforma sostén que “durante os últimos 15 anos, a Xunta permitiu a ameaza deste proxecto eólico” sobre a serra do Oribio, situada nun espazo natural protexido. Desde o seu punto de vista, o recente fallo do TSXG é “un paso definitivo para a liberación deste espazo natural protexido do proxecto eólico e das infraestruturas asociadas” nos municipios de Samos e Triacastela. Así mesmo, ve na sentenza “un precedente para a defensa dos espazos naturais que forman parte da Rede Natura 2000 que poderían verse afectados directa ou indirectamente por proxectos eólicos”.

A sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou e deixou sen efecto, por non ser conforme a dereito, o acordo aprobado polo Consello da Xunta o 27 de xuño de 2019 para a modificación do proxecto do parque eólico Serra do Oribio, situado na Zona Especial de Conservación ( ZEC) Os Ancares-O Courel, en Lugo.

O FALLO

Dese modo, o alto tribunal estimou en tres sentencias os recursos interpostos pola Asociación Ecoloxista Verdegaia; a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo; e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Fundación Ouso Pardo ( FOP) e Sociedade Galega de Ornitoloxia (SGO).

Os maxistrados argumentan nas citadas resolucións que o plan 2007-2009 do parque estaba caducado. “O proxecto autorizado pola resolución do 31 de maio de 2007, coa Declaración de Impacto ambiental ( DIA) aprobada o 12 de agosto de 2005, non foi construído, nin instalado. A resolución que o autorizaba indicaba que o promotor tería un prazo de 12 meses contados a partir da data de ocupación dos terreos para a posta en marcha da instalación”, indican os xuíces.

De feito, sosteñen que esa Declaración de Impacto Ambiental de 2005 resulta “obsoleta para amparar a avaliación ambiental do proxecto modificado de 2018, polos múltiples e variados cambios lexislativos e de catalogacións de especial protección do terreo, non podendo entenderse validada por unha prospección vía informes gubernativos”.

O terreo, segundo consta nas resolucións, ten a cualificación de espazo natural protexido como zona de conservación da ZEC Os Ancares-O Courel, Zona de Especial Protección de Valores Naturais e zona de Rede Natura 2000.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...