O castro de Santa María de Cervantes, declarado Ben de Interese Cultural nacional

O poboado castrexo xa era considerado BIC pola Xunta na categoría de Zona Arqueolóxica.

Castro de Santa María, en Cervantes | Colectivo Patrimonio dos Ancares
Castro de Santa María, en Cervantes | Colectivo Patrimonio dos Ancares

O Ministerio de Cultura e Deportes incluíu o poboado castrexo de Santa María, no concello de Cervantes, no rexistro de Bens de Interese Cultural de España. 

Anunciouno este xoves a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez. A identificación do Castro como BIC nacional “contribuirá a mellorar a protección do poboado e a ampliar os numerosos atractivos que xa ofrece a comarca dos Ancares”. Así llo asegurou a representante do Executivo central ao alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, a quen tamén felicitou.

Esta declaración prodúcese despois de que a Xunta rexistrase, o 10 de outubro do 2019, o Castro de Santa María como Ben de Interese Cultural na categoría de Zona Arqueolóxica.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here