InicioMedioambiente e PatrimonioLavado de cara do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX ao...

Lavado de cara do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX ao seu paso por Lugo

Lugo investirá case 300.000 euros na posta en valor destas vías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que o mércores se licitará na Xunta de Goberno local, por 280.000 euros, a posta en valor e humanización do Camiño Primitivo e da Vía Romana XIX, actuacións que se centran sobre todo no barrio do Carme. Así, Méndez confiou en que estas obras estean rematadas no prazo de dous meses, desde a adxudicación, e, xa para principios do Ano Santo, ter “listos” os traballos.

Estes son dous itinerarios que se sitúan “ao pé da Igrexa do Carme, a calzada romana XIX en dirección Iria Flavia”, un lugar no que, xa na época medieval, “pasaría por aí o camiño primitivo”.

“É un espazo no coñecido como Regueiro das Hortas, cunha senda que vai desde a muralla ata o río Miño. Antes conectaba coa catedral, ata o século XVIII, e é tamén onde naceu no ano 832 o noso patrón San Froilán. Por iso cremos que esta actuación é clave para impulsar ambas as dúas rutas e o conxunto do patrimonio lucense”, concretou a rexedora.

No contexto do proxecto Murallamiñae, a actuación cobra “unha especial importancia” como “un elemento dinámico para os veciños e veciñas” e tamén para os peregrinos, especialmente de cara ao ano 2021. O proxecto é “minimamente invasivo” e a pé de obra, comprometía a alcaldesa de Lugo, e contará cun arqueologo á espera do visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio.

Disporanse varandas de “madeira” e, ademais, a iluminación dese quilómetro farase “con liñas de balizamento de 25 centímetros de altura e 20 de diámetro”. Tamén se instalarán papeleiras de “fundición de aluminio”, tres paneis informativos e outro “con placa de braile”. Tamén na contorna do barrio da Carmen incorporarase “un paso de peóns intelixente”, nun punto por onde transcorrerá o itinerario do futuro carril bici da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...