InicioMedioambiente e PatrimonioS.O.S. ao patrimonio cultural de Cospeito

S.O.S. ao patrimonio cultural de Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

No concello de Cospeito hai 101 mámoas catalogadas cuxo estado de conservación vai de malo a moi malo. É a denuncia que fai Patrimonio dos Ancares, porque, a pesares de estar protexidas pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, os traballos agrícolas e forestais realizados sen ningún tipo de control afectaron, sen excepción, a todos os túmulos do municipio, ocasionando un elevadísimo número de casos e, nalgúns casos, a súa total desaparición.

“Lamentablemente, Cospeito é un dos concellos da provincia de Lugo onde en peor estado se atopa o patrimonio arqueolóxico”, apuntan desde este colectivo. Ademais das mámoas, dos 15 castros existentes, só dous se conservan en regular estado. E a torre de Caldaloba, unha das fortalezas máis emblemáticas de Galicia onde resistiu aos Reis Católicos Constanza de Castro, filla do mitificado Pardo de Cela, está a derrubarse ante a pasividade dun Concello que leva demostrando que nada lle importa o Patrimonio.

AGRESIÓN A DÚAS MÁMOAS

As últimas agresións a dúas mámoas acaban de ser denunciadas polo Colectivo Patrimonio dos Ancares acaban de denunciar ante o Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura en Lugo. Foi na necrópole megalítica da Millarada, situada entre as parroquias de Pino e Santa María de Cospeito, formada por 32 enterramentos o que a converte nunha das maiores concentracións tumulares do período Neolítico de Galicia.

A mámoa catalogada co número 5 da necrópole, cunhas medidas de 35 metros de diámetro e 3 de altura, foi cortada por maquinaria pesada na parte sur-oeste ao realizar unha plantación de eucaliptos, perdendo un cuarto da masa tumular. Este enterramento é o máis monumental, non só do conxunto da Millarada, senón do concello de Cospeito.

A outra agresión foi á mámoa catalogada co número 21, de 34 metros de diámetro e 1,5 de altura. Foi ao realizar unha tala de piñeiros con maquinaria pesada, ocasionándolle ao túmulo profundos sucos.

“Ademais de denunciar as agresións para que se aplique o procedemento sancionador, tamén lle preguntamos a Patrimonio da Xunta de Galicia si se solicitaron os obrigatorios permisos tanto para a plantación de eucaliptos como para a tala de piñeiros”, destaca o colectivo.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...