InicioMedioambiente e PatrimonioAtopados petróglifos de hai 4.000 anos no Concello de Lugo

Atopados petróglifos de hai 4.000 anos no Concello de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colectivo Patrimonio dos Ancares acaban de documentar dúas novas penas con gravados de círculos concéntricos que serían os primeiros atopados no Concello de Lugo desde hai 65 anos.

O achado foi feito na Pena da Pascua ubicada en terreos de Santa María de Alta, e a Pena da Lebre que se atopa entre esta parroquia e a de Adai. Ata agora só existía un plano que lle entregara o veciño Da Riva Varela ao historiador Vázquez Seijas hai 65 anos e que consistía na ubicación de 35 penas situadas entre as parroquias de Adai e Santa María de Alta.

Ata o presente, das 35 pedras con gravuras do plano de don José da Riva só están catalogadas por Patrimonio as denominadas como Pena do Castrillón e a Penafita. Toda a información en Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...