InicioMedioambiente e PatrimonioChamamento cidadán para adoptar o centenar de cans atopados nunha vivenda de...

Chamamento cidadán para adoptar o centenar de cans atopados nunha vivenda de Lugo

A saturación da Protectora de Lugo complica o traslado dos animais ás súas instalacións. O Concello alerta da posible existencia dunha canle de venda irregular dos mesmos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo fai un chamamento cidadán para promover a adopción e/ou acollida dalgún do centenar de animais atopados nunha vivenda da Avenida de Madrid. 

Álvaro Santos, edil da área de Medio Ambiente, referiuse aos case cen cans de diferentes razas e tamaños nunha pequena construción desta zona de entrada á cidade de Lugo. O Concello tivo constancia desta situación hai unhas semanas, momento no que iniciaron unha investigación para garantir o benestar dos animais e da persoa que residía con eles, segundo explicou o responsable de Medio Ambiente.

“Dende o minuto un e ata hoxe a atención aos cans foi constante, xa que persoal da Sociedade Protectora de Animais e Plantas se despraza a diario para alimentalos e levar un exhaustivo control sobre o seu estado de hixiene e saúde”, engadiu. Porén, debido á saturación que padecen as instalacións da Protectora de Lugo, faise moi complicado trasladar alí os cadelos. “Só nos resta convidar á veciñanza a que, voluntariamente, asuma o coidado dalgún deles, aínda que sexa de xeito provisional”, subliñou o concelleiro.

Álvaro Santos deixou claro que, máis alá dos gastos de manuntención, iso non tería ningún custo para as persoas voluntarias, en alusión á posible existencia dunha canle de venda irregular dos mesmos á que se lle estaría dando difusión a través das redes sociais. Neste sentido, lembra que a Sociedade Protectora de Animais e Plantas é a única organización habilitada para tramitar o procedemento.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...