InicioMedioambiente e PatrimonioProxectan un "parque central" de Galicia xusto no 'quilómetro cero', situado en...

Proxectan un “parque central” de Galicia xusto no ‘quilómetro cero’, situado en Antas

A Deputación comprou a parcela de Nugallás onde foi localizado o centro xeográfico galego. Coa adquisición de máis terreos lindeiros, procurará crear un espazo de lecer e natureza que tamén funcione como atracción turística.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A parcela de Antas de Ulla na que foi localizado o centro xeográfico galego pasa a ser dende hoxe propiedade da Deputación de Lugo, que dá así o primeiro paso para crear nese punto o “parque central de Galicia”. 

O propio presidente provincial, José Tomé, acompañado pola deputada de Turismo, Pilar García Porto, asinou ante notario a escritura de compravenda deste terreo situado no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante. Así mesmo, a Deputación ten prevista “a adquisición de máis terreos lindeiros para crear un gran espazo público de lecer e natureza, integrado na contorna, para goce dos veciños e visitantes”.

O presidente da Deputación, José Tomé, dixo en declaracións aos medios de comunicación que este proxecto “supón unha clara aposta polo reequilibrio territorial e para fixar poboación no medio rural, creando actividade económica e postos de traballo”.

A proposta partiu da deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, despois de que o Instituto Xeográfico Nacional localizase o centro de Galicia en Nugallás, a iniciativa do Instituto de Estudos Ulloáns, que xa solicitou que ese punto sexa declarado Ben de Interese Cultural.

LUGAR DE ATRACCIÓN TURÍSTICA

Nese lugar será levantado un monólito que lembrará de forma permanente onde está o centro xeográfico de Galicia, un lugar que estará rodeado dun “parque público para goce dos veciños de Antas e os visitantes”, precisou. Ademais, “o proxecto poñerá en valor a riqueza natural, a flora e as árbores do lugar”, engadiu Tomé, para converter esta zona “nun lugar de atracción turística que, sen dúbida, será positivo para a economía” local

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...