Inician os labores de roza nas beiras das estradas da Deputación

Prevese que a finais do mes de xullo xa estean rematadas estas tarefas nos máis de 4.200 quilómetros de rede viaria provincial.

Labores de roza nas estradas provinciais de Lugo | ALX

A Deputación de Lugo puxo en marcha este primeiro de xuño as tarefas de roza nas beiras das estradas da súa titularidade. Son, en total, máis de 4.200 quilómetros e prevese que os labores estean rematados a finais de xullo.

Tal e como avanzou o presidente da Deputación, José Tomé, tamén responsable da área de Xestión Territorial, as actuacións comezan de maneira simultánea nas 24 zonas nas que está dividida a rede viaria provincial. Destacan que, por primeira vez en moitos anos, estas tarefas comezan a principios de xuño.

A roza das estradas da Deputación conta este ano cun orzamento de 750.000 euros e pretende mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de contribuír á prevención de incendios durante o verán.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here