A Unesco escolle a Muralla para unha campaña de promoción dos bens mundiais

A responsable de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, agradeceu que este feito chegue xusto no 20º aniversario da declaración do monumento romano como Patrimonio da Humanidade.

Muralla de Lugo
Muralla de Lugo | ALX

EFE | A Unesco incluíu a Muralla de Lugo nunha campaña para promocionar os monumentos Patrimonio da Humanidade durante o confinamento, segundo informan dende o goberno local.

“A Muralla foi elixida nunha selección de 40 monumentos Patrimonio da Humanidade”, precisou a responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, que agradeceu o xesto. Trátase dunha iniciativa enmarcada na campaña #ShareOurHeritage para fomentar o coñecemento do Patrimonio Mundial.

Ademais, Maite Ferreiro destacou o feito de que este novo impulso á promoción da Muralla de Lugo chegue no ano no que a cidade celebra o vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Neste momento, “todas as achegas recibidas para a súa promoción son ben recibidas”, dixo Ferreiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here