InicioMedioambiente e PatrimonioO PP pide analizar a auga tratada na EDAR para garantir que...

O PP pide analizar a auga tratada na EDAR para garantir que está libre de COVID-19

Noutras cidades detectouse material viral nas augas residuais. Piden, tamén, tomar mostras en varios puntos do Miño para dar seguridade aos deportistas que utilizan este río.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Partido Popular pídelle ao goberno local de Lugo que desenvolva análises específicas na EDAR para garantir que a auga que dende alí se verte ao río Miño está libre de COVID-19.

O viceportavoz do grupo municipal, Antonio Ameijide, lembra que os estudos realizados nas depuradoras de varias cidades detectaron na rede de saneamento restos do virus, polo que o Partido Popular quere “saber se o goberno local ten previsto reforzar a vixilancia das augas residuais que chegan á planta de Lugo”.

Trátase, aclara Ameijide, de “obter información e compartila co resto de administracións para tomar medidas de seguimento e control no caso de que se produzan repuntes da enfermidade”. Suxire, así mesmo, que serviría para “facer un estudo epidemiolóxico” máis completo.

Así mesmo, pide que se “tomen mostras para analizar a presenza do virus en varios puntos do río”, como unha medida para “dar seguridade e tranquilidade aos lucenses e deportistas que utilizan” as augas do Miño, para adestrarse ou para os seus momentos de lecer.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...