InicioMedioambiente e PatrimonioO camiño de volta do oso pardo aos montes dos Ancares

O camiño de volta do oso pardo aos montes dos Ancares

Adega demanda a aprobación "inmediata" do plan de recuperación desta especie en Galicia tras os avistamentos de exemplares en Pena Trevinca e no Invernadoiro, ademais dos xa reportados nos Ancares e O Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As imaxes que revelan a presenza do oso pardo no Macizo Central ourensán e no Parque Natural do Invernadoiro poñen de novo sobre a mesa a necesidade de protección desta especie en perigo de extinción. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) instou á Xunta a aprobar de forma “inmediata” o plan de recuperación do oso pardo na comunidade e denunciou que o proxecto e o borrador do decreto “levan gardados nun caixón desde 2013”.

Exemplares de osos pardos tamén foran avistados nos montes dos Ancares e O Courelpero a especie atópase en perigo de extinción, polo que se piden medidas “urxentes” para o seguimento e proteccción destes mamíferos.

Aínda que Adega valora o desenvolvemento da investigación do ‘Proxecto Life Oso Courel’, que se iniciou en 2017 e que se espera que conclúa a finais deste ano, incidiu en que non pode representar “unha alternativa ao decreto de recuperación da especie”. Tamén insistiu na necesidade de que se engadan as modificacións da zonificación, xa que o documento orixinal non contemplaba serras e áreas nas que agora foron localizados algúns exemplares.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....