InicioMedioambiente e PatrimonioOlalla Rodil: "Co BNG na Xunta, haberá unha solución efectiva para as...

Olalla Rodil: “Co BNG na Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas do Piornedo”

A deputada nacionalista criticou que o goberno do PP retirara as axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a rehabilitación e mantemento de construcións tradicionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, visitou a aldea do Piornedo (Cervantes) para coñecer de primeira man o estado deste enclave dos Ancares lucenses. “Cun goberno do BNG na Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas“, afirmou, en relación á deterioración destas construcións tradicionais.

Rodil mantivo un encontro coa veciñanza do Piornedo, que xa ten denunciado en múltiples ocasións o “abandono” que sofre ese “patrimonio único”. De feito, unha asociación decidiu pór en marcha un ‘crowdfunding para sufragar os custos de teitar as pallozas. “Nós estamos dispostos a facer o que poidamos, pero non é suficiente”, dicían, a modo de chamamento á axuda institucional.

CRÍTICAS ÁS POLÍTICAS DO PP

O goberno do Partido Popular retirou as axudas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ofertaba para o mantemento e rehabilitación das construcións tradicionais, neste caso as pallozas”, criticou Olalla Rodil. A nacionalista comprometeuse a que “a partir do 5 de abril, o BNG traballará para dar solución ao estado de abandono ao que o PP levou o rural galego”.

Rodil tamén lembrou que o seu partido xa presentou diversas propostas para apoiar o mantemento destas estruturas. “Sabemos que é custoso, pero as institucións públicas deben preocuparse por manter en bo estado unha importante peza do noso patrimonio, que xa foi declarado Ben de Interese Cultural”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...