Recuperan máis de 4.000 microtopónimos de Galicia grazas á colaboración cidadá

A plataforma Galicia Nomeada pretende conservar os topónimos que fan referencia a montes, leiras, fontes...

Portada da web Galicia Nomeada- RAG

Galicia Nomeada, a aplicación da Real Academia Galega e a Xunta para a recuperación colectiva da microtoponimia, recolleu en menos de dous meses máis de 4.000 nomes de montes, leiras, fontes e mesmo rochas pertencentes a 140 dos 313 concellos galegos.

A iniciativa recibiu, desde a súa posta en marcha o pasado 20 de decembro máis de 600 solicitudes de persoas interesadas en rexistrar e xeorreferenciar nomes do territorio da súa contorna.

Ademais de compartir os nomes e identificalos sobre a imaxe aérea do territorio dispoñible na plataforma, boa parte dos usuarios achegaron audios coa súa pronuncia ou con lendas asociadas e numerosas fotos de elementos de interese cultural, como cruceiros, muíños, capelas, fontes ou pontes.

Así e todo, Lugo é a provincia onde menos microtopónimos se recolleron (533). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here