InicioMedioambiente e PatrimonioA campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario

A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario

Esta iniciativa de Guido Álvarez Parga contou co apoio de centos de veciñas, políticos, deportistas... e conseguiu ser 'trending topic' europeo durante doce horas. É unha maneira de visibilizar o apoio á candidatura de Lugo para ser declarada Patrimonio da Humanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 13 de febreiro do 2019 comezaba nas redes sociais unha campaña de apoio á candidatura de Lugo como Patrimonio da Humanidade. O hashtag #LugoPatrimonioMundial reunira daquela centos de apoios de veciños, políticos, deportistas… Na data do seu primeiro aniversario, esta iniciativa volveu inundar as redes e mesmo logrou ser ‘trending topic’ a nivel europeo. 

Guido Álvarez, guía turístico de Lugo, é o artífice desta campaña que se prolongou durante todo o ano, pero que onte voou polas redes cunha forza especial. Segundo el explica, en base a datos de Trendsmap, #LugoPatrimonioMundial foi tendencia en Twitter a nivel europeo durante unhas doce horas. Para o promotor da iniciativa, isto é un “exemplo do que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa”.

E é que, efectivamente, foron moitísimas as mensaxes que se compartiron con este hashtag. Os chíos bulían en Twitter acompañados de fotos de rúas empedradas en Lugo, imaxes de parques, de detalles arquitectónicos, de festas como o Arde Lucus…

O recoñecemento de toda a cidade completa como Patrimonio Mundial “fará que vexamos que (Lugo) é máis que a Muralla, a Catedral ou o Camiño Primitivo“, comentaba Guido Álvarez o ano pasado, nunha entrevista co Lugo Xornal. “Esta campaña paréceme unha oportunidade para involucrar a sociedade e tódolos actores turísticos á hora de pulir esa candidatura e tomar conciencia todos de todo o que hai na cidade”.

Así pois, desta volta, sumáronse á iniciativa centos de veciños e veciñas de Lugo. Tampouco foron alleos á campaña algúns políticos como Lara Méndez, Xosé López Orozco, Rubén Arroxo, Antonio Ameijide ou Olga Louzao; ademais de deportistas como Salva Arco, Sergi Quintela, Mateo Sánchez ou Laura Aliaga. Velaí unha pequena recomplicación dos chíos de #LugoPatrimonioMundial:

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...