InicioMedioambiente e PatrimonioOs cazadores de Lugo aseguran que a batida de raposos se desenvolveu...

Os cazadores de Lugo aseguran que a batida de raposos se desenvolveu “coa lei na man”

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.-  O presidente da Federación de Caza de Lugo, Francisco López, asegurou que o campionato galego de caza do raposo, que se celebrou esta fin de semana en Láncara e Triacastela coa oposición dos animalistas, foi “perfecto” e desenvolveuse en todo momento “coa lei na man”.

En declaracións a Cope Lugo, Francisco López explicou que o campionato se celebrou “sen novidade algunha” e sen incidentes que destacar, porque só se desprazaron á zona “24 ecoloxistas”, que cualificaran o torneo de “aberración“. “Antes podían interromper unha batida, pero agora non poden facelo” porque “está prohibido”, lembrou Francisco López.

En canto ás críticas a este campionato, afirmou que os cazadores xa están “afeitos” ás “mentiras” dos colectivos animalistas e insistiu en que esta proba se desenvolveu “coa lei na man”. Indicou que só foran abatidos “21 exemplares”, moi lonxe da cota establecida “pola propia administración”.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...