InicioMedioambiente e PatrimonioAlerta pola intoxicacións de mascostas en Lugo

Alerta pola intoxicacións de mascostas en Lugo

O concello di que non é polo veleno usado para matar ratos. Insta á veciñanza a extremar as precaucións e lémbralle a importancia de manter sempre baixo supervisión aos animais nos espazos públicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alerta en Lugo tras varios casos de intoxicación de mascotas. Por iso, este xoves a concellería de Medio Ambiente, explicou que eses casos non se deben ao uso de ningún herbicida, sulfato ou veleno para ratos usado polo concello.

“Podemos reiterar así a constatación de que nesas tarefas ordinarias non se empregan nin herbicidas, nin sulfatos perniciosos, nin tampouco raticidas en superficie, xa que cando se trata de lugares ao aire libre se utilizan portacebos de seguridade a través do subsolo”, explicou o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos.

O concelleiro sinalou tamén que, dende o servizo 010 de Atención Cidadá non se ten rexistrado ningunha queixa similar dende xuño de 2018, “aínda que sí temos coñecemento de que algunhas clínicas veterinarias están a atender animais que estiveron en contacto con substancias nocivas concretamente nos Parques de Rosalía de Castro e Marcos Cela e tamén nas áreas de San Roque e Fontiñas”.

Álvaro Santos indicou nun comunicado que, nestes momentos, dende a administración local se está a realizar unha investigación para esclarecer o acontecido, ao tempo que lembra á cidadanía a importancia de manter sempre baixo vixilancia e supervisión ás mascotas cando fan uso dos espazos públicos.

“Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade ao conxunto da veciñanza pois o acontecido non garda relación con ningunha actividade do Concello pero tamén pedir a súa colaboración para tratar, entre todos, de impedir que se repitan episodios tan tristes”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...