InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta declara a emerxencia cinerxética por xabarís e autoriza a súa...

A Xunta declara a emerxencia cinerxética por xabarís e autoriza a súa caza todos os días da semana

A medida aplicarase en municipios da Terra Chá e doutros puntos de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente declarará a próxima semana a emerxencia cinexética por presenza de xabaríns nun total de 33 municipios de catro áreas galegas —Deza (Pontevedra), Betanzos-Eume (A Coruña), Viana (Ourense) e Terra Chá (Lugo)—, de modo que nos terreos destinados á caza se poderá desenvolver esta actividade todos os días da semana ata o 29 de febreiro de 2020.

Así o anunciou este luns a direcrora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, quen explicou que a decisión de declarar esta emerxencia temporal está amparada polo regulamento de caza de 2011 e busca “rebaixar a abundancia” desta especie en Galicia.

En concreto, a medida permanecerá vixente en 14 concellos da provincia da Coruña (Aranga, Betanzos, Cabanas, A Capela, Coirós, Curtis, Irixoa, Monfero, Miño, Oza-Cesuras, As Pontes, Paderne, Vilasantar e Vilarmaior), nove en Lugo (Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Xermade, Guitiriz, Muras, A Pastoriza e Vilalba), catro en Ourense (A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso) e seis en Pontevedra (Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces).

A caza de xabaríns de ambos os sexos estará permitida todos os días nos terreos cinexéticos (Tecor) destes 33 municipios agás nas zonas libres, nas que haberá algunhas excepcións —tan só luns, martes, mércores, venres e sábados ata o 6 de xaneiro; e luns, martes, mércores e venres do 7 de xaneiro ao 29 de febreiro—.

MÁIS INFORMACIÓN EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...